Unha Feira do Libro é, ante todo, unha feira. Unha feira, si, esa sorte de tradición medieval que implica levarmos o comercio á rúa, os feirantes expoñeren as súas mercadorías á vista dos viandantes, dos que rúan. Unha feira do libro, xa que logo, non é máis ca unha exposición pública de palabras para a súa venda, de palabras amoutadas, fiadas, grampadas e encadernadas.
Entre o 1 e o 10 de Agosto, a palabra encadernada (laica e encadernada) toma a rúa na Coruña. O día 1 de Agosto inaugúrase a Feira do Libro da Coruña nos Xardíns de Méndez Núñez. Unha Feira para o tópico, para tornarse punto de encontro entre os libreiros, os escritores e os lectores: a escrita, a lectura e, no medio, os intermediarios, claro!, os libreiros na rúa, os comerciantes da palabra (laica) na Feira.
Na Feira do Libro da Coruña xuntaranse 52 expositores (así os cualifican oficialmente), 14 editoriais e “máis de sesenta autores”, entre eles, este que escribe; a Feira do Libro da Coruña, ben se ve, é cousa seria, non porque asista este que escribe, senón porque xuntar 14 editoriais e 52 expositores de libros non está ao alcance de calquera...
O martes 5, de 7 a 8 do serán, tócame a quenda. Non sei o número da caseta pero entre 52 malo será que non nos atopemos. Falamos de algo serio, si, pero tampouco non convén esaxerar, que isto é pouco máis ca unha aldeíña evoluída. Así que, se vos presta, achegádevos á Feira. Chámano “firma (ou sinatura) de exemplares”. Eu volvo ao tópico; chamareino “encontro”.
Se queredes falar un anaco sobre A trenza, ou sobre libros, ou sobre feiras e feirantes, ou sobre Fenosas e Fadesas, ou mesmo sobre o poemario que Reixa presenta á mesma hora, aló me atoparedes. Nunha caseta calquera da Feira do Libro da Coruña. O martes, 5 de Agosto, ás 7 do serán.
31.7.08
18.7.08
As palabras de Yolanda
Yolanda falou e detívose o mundo. Cando menos, parou ese cativo universo de 90 persoas que nos xuntamos na presentación d’A trenza na Coruña e que quedamos suspendidos das palabras e da voz da Castaño. Palabras coma estas:
“…(A trenza) suxírenos un velado e ambiguo xogo entre realidade e fición. Marcelino anda ás xoguetas a respecto dos factores ficionados e os potencialmente baseados en feitos reais. Cánto de novelado hai nesta abraiante historia? Ese misterio sen dúbida alimenta a tensión da trama… Ao fin e ao cabo, o noso mundo máis próximo está acugulante de historias diminutas e enormes das que todos poderiamos aprender e tirar conclusións ou sinxelamente sobrecollernos…”
“…Este é un libro cun potente fondo social. Un testemuño no que o responsable aproveita para ir depositanto retazos do seu –adiviño- propio pensamento nos recantos e nas marxes das páxinas, nos fíos da encadernación, no satinado do lombo.”
“…calquera imaxe é ben aproveitada para avasallarnos co gusto dunha comparativa enxeñosa, unha metáfora suxerente, unha figura con alta carga poética. El (o autor) vai sementando pequenas doses de poesía coma en pingas de rocío que salfiren o texto, intres para a áxil filigrana…”
“…a clave está en se os acontecementos aparentemente azarosos da vida son destino fortuíto ou son sinais. ¿Ámase a quen se coñece? ¿Coñécese a que se ama?”
“E así é o movemento da trenza: cada un de nós unha febra diferente e agora xuntámonos, agora separámonos para despois volvernos xuntar. Sucesión das mesmas coincidencias e de similares comportamentos ao longo dos distintos anacos do que se vai compondo. E o azar como factor determinante desa sucesión (…). Porque no fondo todos estamos conectados entre nós, todos unidos (auténtica tese base do humanismo, da tolerancia, da solidaridade e do encontro social) como por febras invisibles. Todos e todas cinguidos na mesma trenza que nos vai xunguindo por circunstancias azarosas, fortuítas, resplandecientes…”

9.7.08
Presentación da novela
A Trenza trata a tumultuosa traxectoria vital do seu protagonista, Mario Quintela, cuxa vida como funcionario eficiente e esposo amante parece estar condenada á tranquila felicidade típica dunha familia galega de clase media. Porén, a novela comeza co seu protagonista ingresado no cárcere de Teixeiro á espera de ser entrevistado pola psicóloga da prisión. A partir da entrevista, vanse coñecendo os detalles que levaron a Mario Quintela ata unha tan indesexada situación. Aparecen así Roberto, traficante alcumado o Coronel, Eva, presidiaria na mesma cadea onde agarda Mario, Helena, avogada da ONG Portas Abertas e esposa do protagonista, e o padre Marcos, empeñado en rebaixar a condena de Eva.As traxectorias dos personaxes de “A trenza” ocupan mundos e espazos diverxentes e crúzanse en repetidos momentos provocando, con cada cruzamento, a alteración do rumbo das distintas existencias. O peso das circunstancias sitúase por riba das decisións persoais, mesmo por riba das identidades, das familias e das institucións. “A trenza” constitúe un relato brillante e intenso dende os primeiros compases e que se vai enriquecendo a medida que os personaxes clave da historia acumulan experiencias vitais, en moitos casos completamente inesperadas.
“A trenza” é, ademais, unha novela cun salientable fondo social. Confirmando este carácter, o 8% das vendas que se acaden irán parar á ONG galega “Implicadas no Desenvolvemento”.
Assinar:
Postagens (Atom)